Data prevista: 19 de setembro de 2026
Dificultade: Media
Duración aproximada: 4 horas
Lonxitude: 8 km
Hora de inicio: 10:00 horas
Guía: Carlos Solla, escritor e investigador do patrimonio
Lugar de encontro: Aparcadoiro da subestación do parque eólico . Ver en Google Maps
Prazas 17
O Monte do Seixo é un espazo cheo de maxia, lendas e etnoloxía galega. O punto de partida, a 966 metros de altitude, sitúase nas inmediacións da Mámoa Grande, xacemento megalítico vinculado coa lenda do Tecelán de Carballás.
Ascenderemos até o Outeiro da Cama (989 m), abeiro rochoso asociado á fertilidade humana. Logo baixaremos á Laxa Mosqueira, penedo vinculado á fertilidade animal, deixando á esquerda as Lagoas de Xestido, relacionadas coa lenda da vila asolagada de Trentinán e a santa Mariña.
Chegaremos á Mámoa de Xestido e percorreremos os 600 metros das Pedras Guiadas, corredor megalítico que nos levará ao Castro Grande. As lendas da Besta Branca, o rato Rabisaco, a Moura casadeira e o seu tesouro —a Pedra do Talle—, a galiña dos pitos de ouro ou o encantamento acompañarán o percorrido.
Tamén visitaremos o Castro Grande até a Trampa do Lobo, vestixio dun antigo cortello lobeiro, situado na intersección cara a Portalén —a porta do Máis Alá— e o Marco do Vento.
Xantar
• Caldo
• Richada con cachelos
• Tarta xeada
• Viño branco e tinto da casa, cervexas, augas ou refrescos
• Café
Prezo: 26 € (incl. 1€ de xestión)
| Tipo de billete | Prezo | Cantidade | Carro |
|---|---|---|---|
| Roteiro Monte do Seixo | 5€ | |
|
| Roteiro + Xantar - Monte do Seixo | 31€ | |

co patrocinio da Dirección Xeral
de Política Lingüística
info@rutasdehistoria.com