Data prevista: 7 de novembro de 2026
Dificultade: Media
Duración: 5 horas
Lonxitude: 10 km
Hora de inicio: 09.30 horas
Guía: Carme Varela, escritora, investigadora e secretaria da Asociación O Sorriso de Daniel
Punto de encontro: Diante da igrexa de Santa María de Ons – Ver en Google Maps https://maps.app.goo.gl/8zmp1PeRjebFP71b7
Prazas: 0
Un pai e un fillo percorreron as igrexas dos arciprestados de Barcala, A Maía, Céltigos e Dubra coas súas ferramentas e coa capacidade de transformar a fe en obras matéricas. Foi nos dous últimos terzos do século XIX e nos primeiros anos do XX. Transitaron do neoclásico ao neogótico. Traballaron como escultores, retablistas e pintores. Tamén santificaron os cruces de camiños cos seus cruceiros.
Andaremos algúns deses camiños dende a aldea de Ons, no concello de Brión, até a de Ponte Maceira, entre Ames e Negreira. Farémolo acompañados polo fluir do Tambre e pola arte case anónima de dous homes que non fixeron máis nin menos que facer ben o seu traballo.
E como os papeis só terman do que lles poñen, botaremos man da memoria colectiva e familiar, do boca a orella, do ruxe-ruxe e dos recordos esvaídos. E, case con seguridade, bateremos co inframundo, as almiñas do purgatorio, as mortes de “disgracia” e os milagres da Virxe do Carme, que é quen de facer aboiar a quen non sabe nadar.
Xantar
Sopa de cocido
Cocido galego
Filloas
Viño da casa e auga
Café de pota
PREZO: 36 euros (inc. gastos de xestión)
| Tipo de billete | Prezo | Cantidade | Carro |
|---|---|---|---|
| Roteiro Pontemaceira | 5€ | |
As entradas están esgotadas. |
| Roteiro + Xantar - Pontemaceira | 41€ | |
As entradas están esgotadas. |

co patrocinio da Dirección Xeral
de Política Lingüística
info@rutasdehistoria.com