Data 17 de xuño
Hora de saída 10:30 h.
Duración 3 horas
Punto de encontro Praza de Mazarelos
Guía Manuel Gago, profesor universitario, escritor e divulgador cultural
Este roteiro explora Santiago de Compostela desde unha perspectiva moi singular: a da traza das pantasmas, aparecidos e visións de ultratumba que se contaron na cidade. A cidade estaba chea de relatos de espectros e seres do Alén de todo tipo que ficaron esquencidos. O gran peso dos tópicos da morte da cultura popular galega, como os aparecidos ou a Santa Campaña, o despoboamento da cidade vella e a perda de memoria urbana ou o xeito no que entendemos a nosa propia identidade fixeron esquecer abraiantes relatos de ultratumba. Este roteiro percorrerá unha cidade distinta, na que a través de todas estas pantasmas rescatadas do esquecemento coñeceremos os cambios na cultura europea dos últimos séculos.

co patrocinio da Dirección Xeral
de Política Lingüística
info@rutasdehistoria.com