• Inicio
  • A nosa historia
  • Roteiros
  • Dúbidas
  • Contactar
  • Carriño
  • A miña conta
    • Rexistro
  • Finalizado
    A Barcala, o país dos ríos e a guerra de tres parroquias por unha ponte

    FINALIZADO
    Polos dominios dos célticos praestamaricos: mámoas, petróglifos e castelos na Península do Barbanza

  • Inicio
  • A nosa historia
  • Roteiros
  • Dúbidas
  • Contactar
  • Carriño
  • A miña conta
    • Rexistro
0

As Ánimas, os mouros e os misterios milenarios dos Ancares

Finalizado
4 Horas
Idade 13+

 

  • Dificultade: Baixa
  • Duración: 4 horas
  • Lonxitude: 12 Km
  • Guía: Xabier Moure, presidente de Patrimonio dos Ancares
  • Data: 7 de outubro de 2018

 

A saída será dende a vila de Becerreá. O primeiro punto será a Cova dos Mouros, con  lendas de mouros e refuxio de fuxidos. Tamén pasaremos polo Castro de Vilar de Ousón e Chao da Capilla , colleremos por unha antiga caleira e iremos á Igrexa de Cruzul, moi popular na zona porque o seu campanario foi utilizado nas alarmas populares durante a Guerra da Independencia. Cruzaremos a Ponte de Cruzul que foi unha das infraestruturas máis cara do Camiño Real por Galicia. Alí pararemos a contar historias da Guerra da Independencia.

Durante o roteiro tamén pasaremos pola Igrexa románica de Ouselle, moi coñecida na zona pola tradición da antiga festa das Ánimas do Purgatorio. Tamén visitaremos o Monolito a Fuco Gómez, que foi un arredista galego en Cuba e pasaremos por un tramo da vía romana XIX; o coñecido como Camín da Antiga.

A andaina tamén percorrerá o Castro de Ouselle, identificado, erroneamente, coa capital dos Zoelas e, ali, Moure, explicará o segredo dese erro. Outros puntos a visitar serán a Igrexa do Ecce-Homo que foi un antigo mosteiro e na que hai tradicións e rituais arredor do Santo, o Castro de Saa, que foi o relevo romano de Vilarín, o Fito no cemiterio de Becerreá, que é o único elemento dunha desaparecida igrexa románica e, finalmente, a Fonte do Inferno, que está asociada a asasinatos durante a Guerra Civil.

O final da ruta será, de novo, en Becerrá. Se hai tempo explicaranse algunhas cousas curiosas da capital municipal da comarca.

 

 

Punto de encontro

Praza do Concello de Becerreá

 

  • Punto de encontro
    Praza do Concello de Becerreá, Av. Madrid 5, 27640 Becerreá, Lugo
  • Hora de saída
    10:00h aprox
  • Finalización
    14:30 aprox
  • Inclúe
    Seguro de accidentes
  • Non inclúe
    Comida
    Transporte

Este roteiro xa rematou. Revisa os outros roteiros na nosa web.

Este roteiro foi visto 3,895 veces na última semana.

Compartir este roteiro
  • CONDICIÓNS

    Para facer a inscrición é preciso facer un pago de 5€ por persoa para cada roteiro en concepto de seguro de accidentes e gastos de comisión e organización.

    Non se devolverá o importe da insrición, por iso recomendamos que se faga con plena consciencia.

    A organización non se compromete a devolver o importe do menú unha vez reservado, agás que consigamos asignar ese menú a outra persoa solicitante ou que se notifique antes do mércores previo ao roteiro. Nese caso devolveríase o importe do menú menos a comisión bancaria

    Os participantes que non poidan acudir e teñan reservada entrada poden regalarlla/venderlla a outra persoa pola súa conta. Tan só sería necesario que esos novos inscritos avisaran deste feito no mesmo día do roteiro.

    Rogamos que quen non poida acudir igualmente o notifique dende a páxina de contacto ou via WhatsApp, se non a organización resérvase o dereito de penalizar a inscrición dese usuario en seguintes roteiros.

    Non existe lista de espera nin reserva de prazas. As prazas dispoñibles por baixas darase a coñecer no grupo de WhatsApp de Rutas de Historia, o acceso é libre AQUI

    Para calquera outra cuestión poden escribirnos a:


    info@rutasdehistoria.com



  • Unha idea de

  • Contactar

    info@rutasdehistoria.com

RdH está baixo licenza Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-Compartir Igual 4.0 .
Deseño K12 Comunicación.