• Inicio
  • A nosa historia
  • Roteiros
  • Dúbidas
  • Contactar
  • Carriño
  • A miña conta
    • Rexistro
  • Finalizado
    A Barcala, o país dos ríos e a guerra de tres parroquias por unha ponte

    FINALIZADO
    Polos dominios dos célticos praestamaricos: mámoas, petróglifos e castelos na Península do Barbanza

  • Inicio
  • A nosa historia
  • Roteiros
  • Dúbidas
  • Contactar
  • Carriño
  • A miña conta
    • Rexistro
0

A Galicia dos señores. Os segredos do Pazo de Oca

Finalizado
4 Horas
Idade 13+
Cupo máx. 2

 

  • Dificultade: Baixa – Media
  • Duración: 4 horas
  • Lonxitude: 10 Km
  • Divulgador: Manuel Gago, profesor da USC e director de Cultura Galega
  • Data: 20 de outubro de 2018

A vizosa terra da Ulla foi un territorio densamente habitado e disputado na Idade Media. En dúas parroquias estradenses, Berres e Riobó, escenifícanse de maneira moi singular a transición entre a belicosa Idade Media e o morno Antigo Réxime, a través de fortificacións medievais como as Torres da Barreira, a Mota, o Couto de don Henrique ou a Rocaforte, e pazos coma o de Oca, a Mota ou o casal de Vilancosta.

Neste percorrido exploraremos como estes cambios históricos deixaron interesantes transformacións na ocupación do territorio, pero tamén na cultura e no imaxinario, chegando mesmo ata as primeiras testemuñas da industrialización de Galicia e o nacemento do artesanato da madeira que singulariza estas parroquias, como un abraiante obradoiro de gaitas e requintas con douscentos anos de traxectoria.

Importante: O roteiro non inclúe a entrada ao Pazo de Oca. Non está previsa no itinerario.

 

Punto de encontro

Praza Pazo da Oca

  • Punto de encontro
    Praza do Pazo da Oca
  • Hora de saída
    10:00 h
  • Finalización
    14:30 aprox
  • Inclúe
    Seguro de accidentes
  • Non inclúe
    Comida
    Transporte

Finalizado

Este roteiro foi visto 4,389 veces na última semana.

Compartir este roteiro
  • CONDICIÓNS

    Para facer a inscrición é preciso facer un pago de 5€ por persoa para cada roteiro en concepto de seguro de accidentes e gastos de comisión e organización.

    Non se devolverá o importe da insrición, por iso recomendamos que se faga con plena consciencia.

    A organización non se compromete a devolver o importe do menú unha vez reservado, agás que consigamos asignar ese menú a outra persoa solicitante ou que se notifique antes do mércores previo ao roteiro. Nese caso devolveríase o importe do menú menos a comisión bancaria

    Os participantes que non poidan acudir e teñan reservada entrada poden regalarlla/venderlla a outra persoa pola súa conta. Tan só sería necesario que esos novos inscritos avisaran deste feito no mesmo día do roteiro.

    Rogamos que quen non poida acudir igualmente o notifique dende a páxina de contacto ou via WhatsApp, se non a organización resérvase o dereito de penalizar a inscrición dese usuario en seguintes roteiros.

    Non existe lista de espera nin reserva de prazas. As prazas dispoñibles por baixas darase a coñecer no grupo de WhatsApp de Rutas de Historia, o acceso é libre AQUI

    Para calquera outra cuestión poden escribirnos a:


    info@rutasdehistoria.com



  • Unha idea de

  • Contactar

    info@rutasdehistoria.com

RdH está baixo licenza Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-Compartir Igual 4.0 .
Deseño K12 Comunicación.