Este roteiro descubrirá como era a vida dun castro, e, ao contrario do que puidera parecer, non era tan dura como popularmente se cre. Nesta visita poderemos comprobalo, ao descubrir como era unha sauna castrexa. Tamén se visitarán minas romanas de ouro xa da época de colonización romana.
A ruta comeza en Castañoso. Na baixada cara ao castro pasamos polo “cortín de Monteagudo”, continuamos até o Castelón pola “Calle dos Mouros”, os fosos do castro e o torreón defensivo da entrada do Castelón. Neste lugar veremos tamén os cortíns de López e Villar. Unha vez no castro , atoparemos varios restos de muros das cabanas do antigo poboado, a vivenda escavada e a sauna castrexa, ambas escavadas no 2015.
Deixamos o castro e dirixímonos até unha mina de ouro de época romana, onde se atopa a Capela de Santiago situada nun impresionante souto, con varias corripas para as castañas.
Continuamos a baixada cara ao río, onde atoparemos unha ponte ao pé dunha seimeira e o muíño do Penallo. Para finalizar, comezaremos a subida cara a Castañoso.
Este roteiro está pechado pero si queres recibir información para as próximas rutas envía un correo a info@rutasdehistoria.com ou dende a sección de CONTACTO da nosa web.

co patrocinio da Dirección Xeral
de Política Lingüística
info@rutasdehistoria.com