Este roteiro está pechado pero si queres recibir información para as próximas rutas envía un correo a info@rutasdehistoria.com ou dende a sección de CONTACTO da nosa web.
Esta é unha Edición especial de catro roteiros en colaboración cos concellos de Outes, A Mezquita, Tui e Castro de Rei. Nestes roteiros tamén participarán como guías os respectivos alcaldes . Unha edición especial previa á convocatoria anual de Rutas de Historia de 2023
Para facer a inscrición é preciso facer un pago de 5€ por persoa para cada roteiro en concepto de seguro de accidentes e gastos de xestión e organizción.
Non se devolverá importe ningún, por iso que recomendamos que as inscricións se fagan con plena consciencia de que poderán acudir.
As persoas que estean interesadas en buscar aloxamentos na zona onde se realicen os roteiros, podemos suxerirlle algúns dos que nos recomenden as propias asociacións da zona.
Para calquera destas cuestións poden escribirnos a:
Este roteiro xirará en torno ao sistema defensivo construído en Vilanova da Cerveira (Portugal) e en Goián (Tomiño), durante a guerra de independencia de Portugal entre 1640 e 1665. O conxunto componse de seis fortalezas na zona galega, todas elas situadas no concello de Tomiño: Fortaleza da nosa Señora da Concepción, Forte de San Lorenzo, Forte das Chagas, Torre dos Correa e Torre dos Ratos (os cinco no lugar de Goián) e o Castelo de Medos (no lugar de Estás); e tres na parte portuguesa: a Praça Forte de Vilanova de Cerveira (freguesia de Lovelhe), a Atalaia do Espírito Santo e o Forte de Lovelhe (ambos na freguesia de Lovelhe).
Estas nove fortificacións forman un conxunto defensivo que actualmente se distribúe entre Galicia e Portugal, pero que na súa época de construción correspondía a un conxunto de fortalezas de factura portuguesa. De feito as tres galegas ( Fortaleza de San Lourenzo, Fortaleza da concepción e Forte de Chagas) foron dominadas polos portugueses durante case 20 anos. Accedían a eles a través dunha ponte de barcas que cruzaba dunha beira a outra do Miño.
Precisamente, estas seis fortalezas, xunto coa Torre dos Ratos e o Pazo dos Correa serán parte da visita que realizaremos neste roteiro que partirá desde a fortaleza de San Lourenzo, en Goián, e percorrerá o Forte da Concepción, o Forte de Chagas, o Pazo dos Correa, a Torre dos Ratos, o Forte de Lovelhe e a fortaleza-castelo de Vilanova da Cerveira. Durante a ruta tamén se dará conta da presencia de asentamentos romanos e castrexos en diversos puntos que logo foron reutilizados como fortalezas.
info@rutasdehistoria.com