Na tarde do 20 de abril de 1949 ten lugar a batalla que marca o inicio do fin da Guerrilla en Galicia.
Acontece en Repil, na lindeira entre Monforte e A Pobra do Brollón, na chamada Casa d ́O Facha na que estaban refuxiados cinco guerrilleiros.
En abril de 2018 realizouse a segunda campaña de escavacións arqueolóxicas en Repil. Dita campaña permítenos reconstruir coma se dun capítulo de CSI se tratase o que alí aconteceu aquel día.
Este roteiro comezará no lugar de Repil, onde entenderemos o suceso a través dos restos arqueolóxicos. Dende Repil colleremos a ruta que colleu Fermín Gutiérrez Lada Segura, guerrilleiro que conseguiu escapar ata a parroquia de Cereixa.
Durante o percorrido coñeceremos a fondo esta parroquia luguesa grazas a elementos de interese e, sobre todo, aos seus vecinos, do pasado e do presente, entre os que sobrancea María Castaña.
A visita rematará no Castro de San Lourenzo onde se está a levar a cabo un poroxecto de Arqueoloxía en Comunidade. No xacemento, ademais de restos de época galaico-romana, téñense atopado restos medievais, incluíndo unha necrópole na que apareceron uns restos humanos en moi bo estado de conservación alcumados como Atilano.
Dende o castro volveremos cara a Parrillada O Fogón, primeira parrillada da provincia de Lugo, onde quen o desexe poderá xantar.
Aviso: A noite do día 22 de setembro hai un festival “As cores de outono” que organiza o concello da Pobra do Brollón cun concerto de Luar Na Lubre. Por si alguén está interesado en quedar a durmir na zona, ou para a xente que acuda ao roteiro do anterio en Sober
Evento finalizado. Revisa o resto de roteiros.

co patrocinio da Dirección Xeral
de Política Lingüística
info@rutasdehistoria.com