Roteiro no que se combinan a historia da represión nos inicios da rebelión franquista, o patrimonio arqueolóxico, natural e paisaxístico que nos atopamos polo camiño e a literatura.
Durante o percorrido e na aldea de Manselle (Sernanselle na obra literaria) teremos varios paneis con textos do libro “Pensa Nao” de Anxo Angueira que nos fan referencia ós lugares citados na obra: casas de indianos, cruceiros, petróglifos, castros etc.
Anxo Angueira na aldea, fará unha lembranza da historia que se reflexa no libro, mentres que un arqueólogo nos guiará polos petróglifos e o Castro de Bexo (Castro de Mouras no libro)
A historia comeza no San Martiño de 1935, a pouco menos dun ano do comezo do alzamento que desencadearía a Guerra Civil. O ambiente está tranquilo neste núcleo rural pero respírase a tensión, froito das friccións derivadas das interaccións dos seus habitantes. Cada un con cadanseu soño e con cadansúa ilusión. Cando as ilusións se confrontan, xorden os enfrontamentos que se van atenuando ata romper os límites. Os que están de acordo co actual estado das cousas empregan todas as súas enerxías para perpetuar esa situación. Namentres, os desconformes tratan de cambialas, creando unha cooperativa moderna e aproveitando as potencialidades da zona. Sernanselle é o lugar da xénese da súa cooperativa e dos sucesos nos que en torno a ela transcorre esta historia e o sendeiro que vamos a percorrer por terras de Laíño.
Coa colaboración de:
Concello de Dodro.
Anxo Angueira (Presidente Fundación Rosalía de Castro )
Carlos Otero (Arqueólogo)
Este roitero xa está completo.

co patrocinio da Dirección Xeral
de Política Lingüística
info@rutasdehistoria.com