Este roteiro xa rematou.
Esta é unha Edición especial de catro roteiros en colaboración cos concellos de Outes, A Mezquita, Tui e Castro de Rei. Nestes roteiros tamén participarán como guías os respectivos alcaldes . Unha edición especial previa á convocatoria anual de Rutas de Historia de 2023
Para facer a inscrición é preciso facer un pago de 5€ por persoa para cada roteiro en concepto de seguro de accidentes e gastos de xestión e organizción.
Non se devolverá importe ningún, por iso que recomendamos que as inscricións se fagan con plena consciencia de que poderán acudir.
As persoas que estean interesadas en buscar aloxamentos na zona onde se realicen os roteiros, podemos suxerirlle algúns dos que nos recomenden as propias asociacións da zona.
Para calquera destas cuestións poden escribirnos a:NOTA . O prezo deste roteiro é de 4€ e inclúe a volta en autobús ata o punto de partida, polo que neste caso non se cobra fianza e como tal non haberá devolución xa que o importe cobrado é exclusivamente de gastos.
Das fincas que se atopan nos cantís, din as vellas escrituras que lindan ao norte con Inglaterra, mar por medio. A nosa ruta discorrerá precisamente por estas terras ribadenses, que lindan con Inglaterra. Este percorrrido permitiranos coñecer un importante patrimonio cultural e gozar asemade dun fermoso patrimonio natural.
Comezaremos a andaina no emblemático Castro das Grobas; a continuación, colleremos o Camiño Natural da Ruta do Cantábrico para percorrer os cantís da rasa cantábrica cara ao Castro de Fornelos, onde aproveitaremos para visitar a Maseira dos Mouros e continuaremos camiño cara a Rinlo. No percorrido veremos varios Ollos de Mar e, pasado Rinlo, visitaremos as súas cetáreas.
Finalmente, dirixirémonos ao Castro de Meirengos, seguiremos ata Os Castros e remataremos na praia de Esteiro, onde poderemos ver os restos dun forno romano.
Colaboran: Asociación Mariña Patrimonio
info@rutasdehistoria.com