Este roteiro está pechado pero si queres recibir información para as próximas rutas envía un correo a info@rutasdehistoria.com ou dende a sección de CONTACTO da nosa web.
Para facer a inscrición é preciso facer un pago de 5€ por persoa para cada roteiro en concepto de seguro de accidentes e gastos de comisión e organización.
Non se devolverán os importes de inscrición, por iso que recomendamos que as inscricións se fagan con plena consciencia.
Rogamos que quen non poda acudir igualmente o notifique dende a páxina de contacto, se non a organización resérvase o dereito de penalizar a inscrición dese usuario en seguintes roteiros.
Para calquera destas cuestións poden escribirnos a:
info@rutasdehistoria.com
En Terra de Montes está o monte do Seixo, territorio fabuloso que forma parte da Rede Natura e que garda elementos dunha Galicia mítica e case máxica. Tras dez anos organizando visitas, Solla ten levado a ese lugar a máis de 3.000 persoas.
Faremos o denominado R1, dende Chan de Mamas deica Portalén (ou deica Cadeira do Rei (opcional)). Distancia: 2’25 km (ida) deica Portalén. 3’5 km (ida) deica Cadeira do Rei. Partiremos de Chan de Mamas (necrópole neolítica). Avanzaremos de norte a sur polo camiño de Coto, sempre por riba dos 900 m de altitude.
Observaremos as lagoas de Xestido (historia do pasteiro do Seixo, lenda da santa Mariña do Seixo, lenda do pozo da Muller Morta), Outeiro da Cama (pedra da fertilidade humana), Laxa Mosqueira (pedra da fertilidade animal), Castro Grande (lenda da galiña dos pitos de ouro, lenda do rato Rabisaco, lenda da Moura do Castro, lenda do tesouro dos mouros, aliñamento das Pedras Guiadas, lenda da Besta Branca…), as Pedras Quileiras, a ermida da Santa Mariña (advocación da montaña), o Outeiro do Coto (cimeiro do monte: 1.015 m de altitude)…
Visitaremos a Mámoa Grande (lenda do Tecelán de Carballás), o Almadraque de Pirocha (lenda da Moura do Seixo), Trampa do Lobo (vestixios dun cortello lobeiro), a Cruz do Seixo (cristianización dunha ara solis, devoción a santo Antonio), Portalén (a porta do Outro Mundo), o Marco do Vento (pedrafita), Feira Vella e (opcional) a Cadeira do Rei (atalaia privilexiada).
Se o día vén claro, albiscaremos ao lonxe as tres rías (Arousa, Pontevedra e Vigo).
info@rutasdehistoria.com