As pegadas de Rosalía é un traxecto que transcorre por Padrón e conduce ao turista aos recunchos máis emblemáticos da vida da poetisa máis recoñecida de Galicia. Esta iniciativa, levada a cabo por Anxo Angueira, tamén presidente da Fundación Rosalía de Castro, e guiada polo escritor e profesor Manuel Lorenzo Baleirón. O roteiro percorrerá a casa museo Rosalía de Castro, en Padrón e onde ten a sede a fundación. É o lugar onde a autora pasou os seus últimos anos de vida e onde faleceu, o 15 de xullo de 1885. Nas súas proximidades atópase o Centro de Estudos Rosalianos.
O cemiterio de Santa María a Maior de Iria Flavia e Adina é o lugar onde os restos da escritora descansaron desde 1885 até 1891. A igrexa é unha das máis antigas de Galicia e tamén acubilla a tumba do escritor, tamén galego, Camilo José Cela (1916-2002). O Pazo de Arretén, tamén en Padrón, e levantado no século XVI por Bermúdez de Castro, é un lugar moi vinculado á vida da autora xa que é de onde pertencían os seus antepasados maternos. Así a ruta leva ao turista até o paseo do Espolón, igualmente no municipio padronés, onde está situada unha estatua de Rosalía que hoxe significa un emblema para o pobo e para toda a comunidade.
Os menores poderán acudir, pero sempre baixo a total responsabilidade dun adulto, non estando cubertos polo seguro de accidentes.
CANCELACIONS.
Entendemos que o cambio de data pode ser un problema para calquera, se finalmente non podedes acudir o día 13 de Novembro avisádenos para cancelar a vosa inscrición e devolver os cartos de inmediato e por as prazas a disposición doutra xente que poida asistir.
Finalizado

co patrocinio da Dirección Xeral
de Política Lingüística
info@rutasdehistoria.com