Este roteiro xa completou o seu cupo. Non é posible inscribirse.
Esta é unha Edición especial de catro roteiros en colaboración cos concellos de Outes, A Mezquita, Tui e Castro de Rei. Nestes roteiros tamén participarán como guías os respectivos alcaldes . Unha edición especial previa á convocatoria anual de Rutas de Historia de 2023
Para facer a inscrición é preciso facer un pago de 5€ por persoa para cada roteiro en concepto de seguro de accidentes e gastos de xestión e organizción.
Non se devolverá importe ningún, por iso que recomendamos que as inscricións se fagan con plena consciencia de que poderán acudir.
As persoas que estean interesadas en buscar aloxamentos na zona onde se realicen os roteiros, podemos suxerirlle algúns dos que nos recomenden as propias asociacións da zona.
Para calquera destas cuestións poden escribirnos a:Actualización: Xa non hai máis prazas dispoñibles. Hora desta nota 30/10/2019 ás 22:00h.
O monte Pindo (Carnota) é un dos grandes espazos naturais da costa galega, pero tamén concentra, de maneira singular, unha gran riqueza cultural. Ata tres fortificacións ubicadas en diferentes lugares do monte dan conta da evolución dos procesos de fortificación na costa galega durante a longa Idade Media. O castelo de San Xurxo / O Pedrullo, Penafiel e a gran e máis descoñecida fortaleza da Moa nos presentan moitas preguntas e poucas respostas.
Neste roteiro ascenderemos ata a Moa percorrendo as evidencias máis significativas da enigmática fortificación que delimita a zona superior da montaña, observando a distancia as outras fortificacións e accedendo a outras localizacións vinculadas ao rico patrimonio cultural material e inmaterial do monte.
Será un roteiro no que transitaremos entre a realidade dunhas evidencias preservadas nunha zona aillada e o rico imaxinario dun monte que nos conta a historia transformada en lenda.
info@rutasdehistoria.com