Finalizado
Para facer a inscrición é preciso facer un pago de 5€ por persoa para cada roteiro. Dos cales 4€ son en concepto de fianza, que serán devoltos ao finalizar o roteiro por esta mesma vía. O euro restante vai destinado a sufragar os gastos de xestión e devolución.
As persoas que estean interesadas en buscar aloxamentos na zona onde se realicen os roteiros, podemos suxerirlle algúns dos que nos recomenden as propias asociacións da zona.
Para calquera destas cuestións poden escribirnos a:No século I a.C., durante as guerras cántabras, entre os anos 25 e 19 a.C. o Imperio Romano estableceu un campamento militar nun cumio á beira do río Miño, un emprazamento estratéxico que lles permitía continuar a súa conquista do noroeste, o territorio que co tempo se convertiría na provincia da Gallaecia. Ese campamento militar considérase a orixe da cidade de Lucus Augusti, fundada entre os anos 15 e 13 a.C. por Paulo Fabio Máximo, legado do emperador César Augusto.
Na nosa ruta por Lucus Augusti, a cidade máis antiga de Galicia, seguiremos as pegadas dos soldados percorrendo toda a muralla romana, declarada Patrimonio da Humanidade, única muralla romana no mundo que conserva íntegro todo o seu perímetro, de aproximadamente 2.200 metros.
A Porta Miñá, a Porta de Santiago, as escaleiras interiores da muralla e a torre da Mosqueira, coas súas ventás orixinais dispostas para vixiar a millas de distancia, levarannos de volta á época romana durante o noso percorrido.
Visitaremos tamén vestixios arqueolóxicos musealizados in situ, como a piscina romana situada na Praza de Santa María, ao lado da Catedral e no Camiño Primitivo a Santiago de Compostela.
O emprazamento do foro, das domus máis luxosas decoradas con mosaicos, das necrópoles, dos fornos cerámicos e mailo acueducto permitirannos darlle forma á capital romana do convento xurídico lucense que pervive baixo os nosos pés.