Sempre se falou de continuidades e natureza. Aquí, nun mesmo entorno natural localizase un antigo lugar ritual (A Pena Furada), o cal continuou posteriormente en forma de culto a Santa Mariña (na Idade Media).
Esta é unha bonita maneira de visitar un antigo lugar “sagrado” ben conservado e a súa sobrevivencia en época posterior. A visita é moi acaída posto que estaremos a unha semana do equinoccio de outono.
En 1986 foron descobertas casualmente unha serie de gravuras entre as cais destacaba unha cos atributos femininos moi destacados. Esa figura era coñecida como a Moura.
En 2011, coa axuda dun grupo de voluntarios e a colaboración do concello de Coirós, acometeuse a limpeza do lugar coa intención de coñecer con detalle o contexto de Pena Furada (oculto baixo un espeso mato groso). Esta intervención tivo tres grandes éxitos: o envolvimento da viciñanza de Coirós (especialmente desde o traballo das escolas); a verificación de pezas arquitectónicas ordenadas; e a particular visibilidade da Moura ao medio-día.
Estes resultados foron divulgados no 2012 através dun ciclo de Barferencias nas tabernas de case todas localidades das Mariñas, así como en algúns centros de ensino e bibliotecas.
A teor da relación da Moura co sol do medio-día, aplicamos o mesmo método de rexisto a outras figuras e comprobamos que a súa visibilidade estaba configurada deliberadamente. Da mesma maneira observamos a relación de algunha peza arquitectónica coa saída do sol en datas relevantes. Para comprobar se isto era unha casualidade realizamos un programa de observación sistemática durante os anos 2011 a 2013 chegando a conclusión que a orde das pezas arquitectónicas e as figuras tiñan a ver con datas importantes do calendario astronómico. Trátase en definitiva dun antigo almanaque ou calendario, para cuxa construción foi precisa a concorrencia de sabios.
Sen termos indicios definitivos, pensamos que podería tratarse dun santuario galaico-romano que vai perdurar como advocación parroquial de Santa Mariña de Lesa, cuxa capela e fonte están no mesmo monte.
Coa colaboración da Asociación Cultural Roxin Roxal
Para facer a inscrición é preciso facer un pago de 5€ por persoa para cada roteiro. Dos cales 4€ son en concepto de fianza, que serán devoltos ao finalizar o roteiro por esta mesma vía. O euro restante vai destinado a sufragar os gastos de xestión e devolución.
As persoas que estean interesadas en buscar aloxamentos na zona onde se realicen os roteiros, podemos suxerirlle algúns dos que nos recomenden as propias asociacións da zona.
Para calquera destas cuestións poden escribirnos a: