• Inicio
  • A nosa historia
  • Roteiros
  • Dúbidas
  • Contactar
  • Carriño
  • A miña conta
    • Rexistro
  • Finalizado
    Estaca de Bares, onde a terra abraza o mar

    Finalizado
    Na procura do ouro perdido do río Miño

  • Inicio
  • A nosa historia
  • Roteiros
  • Dúbidas
  • Contactar
  • Carriño
  • A miña conta
    • Rexistro
0
Ver imaxes

As loitas entre a nobreza e a Igrexa na Idade Media. As batallas de Ponte Maceira

Finalizado
4 Horas
Idade 12+
Cupo máx. 60

 

  • Dificultade: Media
  • Duración: 4 horas
  • Lonxitude: 11 km.
  • Guía: Elixio Vieites, investigador, colaborador de HdG e membro de Patrimonio Galego
  • Data: 30 de setembro de 2017

A ruta de aproximadamente 11 km. comeza e termina no lugar de Ponte Maceira, situado na marxe esquerda do do río Tambre, o cal divide aos concellos de Ames e Negreira, polas parroquias de Portor e Agrón. A súa ponte medieval incluída no tramo da ruta xacobea cara a Fisterra, está formada cun tramo principal de cinco arcos feitos de sillería granítica e construída, segundo algúns autores, aproveitando os piares dunha ponte de época romana.

Este lugar foi un dos escenarios da chamada Batalla de Altamira en 1471, entre o señorío arcebispal de Fonseca II que gobernaba dende a Rocha Forte (Santiago) e a liñaxe dos Moscoso que exercían o seu poder dende as Torres de Altamira (Brión) para facerse co control das terras da Amaía. As tropas eclesiáticas acabaron derrotadas. Esta ponte é paso obrigado da ruta Xacobea cara a Fisterra e nun outeiro situado a 300 metros ao suroeste da ponte, está o castro de Piñor.

Camiñarase por unha pista de terra que atravesa terras de labor e un tramo de bosque ata chegar ata a agra da aldea de Suevos, (este topónimo que fai referencia a unha orixe xermánica só aparece 4 veces no nomenclátor de oficial de Galicia (en Mazaricos, A Baña, Arteixo e este de Ames) . Pouco despois chegarase á igrexa de Santa María de Trasmonte, de finais do século XVIII e con destacada torre de campanario.

Seguimos pola estrada cara á aldea de Carballo, que está a 1 km. Este tramo segue formando parte da ruta a Fisterra dende Santiago. Nos arredores desta aldea tivo lugar a parte máis importante e decisiva da Batalla de Altamira, no lugar denominado costa de Mar de Ovellas, entre as tropas do arcebispo Fonseca e as de Lope Sánchez de Moscoso, primeiro Conde de Altamira. Este lugar e percorrido por unha estrada con pendente moi pronunciada e que vén dende a ponte romana de Augepesada, lugar de paso tamén da ruta do Camiño de Santiago. Resultou derrotado Alonso II de Fonseca que fuxiu a Compostela.

Dende este punto baixaremos a aldea Portanxil, por un camiño entre bosque, e logo a Leboráns. Onde podemos ver o Pazo, que leva o nome da aldea. O Pazo é unha antiga mansión señorial defensiva do século XVIII de planta rectangular e cun brazo curto que vai a unha torre que parece ser máis antiga que o resto do edificio e que podería datar do século XVI.

Saíndo de Leboráns chegamos á fortaleza de Altamira camiñando 0.8 km. metros pola contorna do monte do castelo ata chegar á aldea da Torre. Lope Sánchez de Ulloa e Moscoso, foi o que provocou a coñecida como batalla de Altamira ao meterse a ocupar as torres despois da guerra irmandiña. Segundo o libro das Liñaxes de Daponte neste episodio houbo unha loita corpo a corpo entre Estevo de Xunqueiras (que estaba da parte do Arcebispo) e García Martiz, de parte do Moscoso. O de Moscoso fixo construír, pasando pouco tempo, unha torre con tres cubos en Altamira. Ao mesmo tempo loitaba co arcebispo por levantar as torres de Cira Mens e Vimianzo, esta última tomada por Fonseca.

Punto de encontro

Restaurante Ponte Maceira

  • Punto de encontro
    Restaurante Pontemaceira, Lugar Pontemaceira, 3 15870 Ames
  • Hora de saída
    9:30h
  • Finalización
    14:30h aprox
  • Non inclúe
    Transporte
    Comida

Este roteiro está pechado pero si queres recibir información para as próximas rutas envía un correo a info@rutasdehistoria.com ou dende a sección de CONTACTO da nosa web.

Este roteiro foi visto 2,819 veces na última semana.

Compartir este roteiro
  • CONDICIÓNS

    Para facer a inscrición é preciso facer un pago de 5€ por persoa para cada roteiro en concepto de seguro de accidentes e gastos de comisión e organización.

    Non se devolverá o importe da insrición, por iso recomendamos que se faga con plena consciencia.

    A organización non se compromete a devolver o importe do menú unha vez reservado, agás que consigamos asignar ese menú a outra persoa solicitante ou que se notifique antes do mércores previo ao roteiro. Nese caso devolveríase o importe do menú menos a comisión bancaria

    Os participantes que non poidan acudir e teñan reservada entrada poden regalarlla/venderlla a outra persoa pola súa conta. Tan só sería necesario que esos novos inscritos avisaran deste feito no mesmo día do roteiro.

    Rogamos que quen non poida acudir igualmente o notifique dende a páxina de contacto ou via WhatsApp, se non a organización resérvase o dereito de penalizar a inscrición dese usuario en seguintes roteiros.

    Non existe lista de espera nin reserva de prazas. As prazas dispoñibles por baixas darase a coñecer no grupo de WhatsApp de Rutas de Historia, o acceso é libre AQUI

    Para calquera outra cuestión poden escribirnos a:


    info@rutasdehistoria.com



  • Unha idea de

  • Contactar

    info@rutasdehistoria.com

RdH está baixo licenza Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-Compartir Igual 4.0 .
Deseño K12 Comunicación.