Este roteito xa finalizadou.
Esta é unha Edición especial de catro roteiros en colaboración cos concellos de Outes, A Mezquita, Tui e Castro de Rei. Nestes roteiros tamén participarán como guías os respectivos alcaldes . Unha edición especial previa á convocatoria anual de Rutas de Historia de 2023
Para facer a inscrición é preciso facer un pago de 5€ por persoa para cada roteiro en concepto de seguro de accidentes e gastos de xestión e organizción.
Non se devolverá importe ningún, por iso que recomendamos que as inscricións se fagan con plena consciencia de que poderán acudir.
As persoas que estean interesadas en buscar aloxamentos na zona onde se realicen os roteiros, podemos suxerirlle algúns dos que nos recomenden as propias asociacións da zona.
Para calquera destas cuestións poden escribirnos a:Puntos de especial interese da ruta: Igrexa de Pinol (románico, pintura mural renacentista, retablos barrocos) – Agro das Mámoas – Petróglifo do Preguiceiro – Casa Grande de Veliños – Igrexa de Lobios (románico tardío) – Souto de Lobios – Capela da Raíña dos Anxos – Petróglifos de Sampil (3 conxuntos) – Petróglifo do Val da Raña – Cruceiros de Pinol, Santiorxo e Lobios – Miradoiro de Santiorxo, no canón do Sil – Núcleos rurais tradicionais, como Cimadevila, Vilameá ou Pipín.
O coxo de Bulso é unha personaxe que quedou na memoria das xentes das terras coñecidas, en tempos medievais, como “de Brosmos”. Din que tal señor regresou das Américas á súa casa de Pipín de Arriba rico, pero cunha grande culpa, que decidiu expiar sufragando parte da construción do santuario de Cadeiras, a carón da pena onde a lenda di que naceu a Virxe.
O Cura Vello de Pinol, que argallou para pedir esmola para a construción do santuario, que houbo de xustificar con variados milagres, foi o encargado de impulsar a construción, xunto cos canteiros de Vilameá e outros traballadores da zona, trouxo unha brigada de portugueses, entre os cales veu o tataravó da Rosalía de Santiorxo que culminaría a torre do santuario de Cadeiras, a última pedra coa bola e a cruz, e faría os cruceiros de Santiorxo e de Lobios. Sabemos que O Cura Vello de Pinol e O Coxo de Bulso esfacháronse por un problema de cartos e o edificio quedou sen rematar; por iso, ao pouco, apareceron os de de Santa Cruz de Brosmos pola pedra picada sen colocar que lles vendera o cura a pesares da oposición dos veciños da freguesía (con ela fixeron parte da igrexa de Santa Cruz), e sabemos, tamén, que o de Bulso acabou purgando as culpas obrando na rúa das Panaderías da Coruña.
Neste camiño en torno ás parroquias do que nos documentos medievais era coñecido como “territorio verosimo”, coñeceremos restos arqueolóxicos e artísticos de distintas épocas, lugares de poboamento tradicional ben conservados, vistas impresionantes do canón do Sil e historias de persoas como José Rodríguez Blanco de Santo Tirso de Maceda e Esperanza Cid do Noguedo, que se viron por primeira vez para casarse a cada beira do río Sil; ou Manuela Pérez Vázquez e Eladio Trigo, morto en Buenos Aires no 2007, unidos para sempre ao cruceiro do Campo de Bulso, feito coa dura pedra de Cadeiras; Alfonso XI e Nóboas y Lamas das terras de Brosmos en Viladime de Arriba; Constanza Vázquez Somoza, a derradeira abadesa do mosteiro de Lobios, e Frei Rodrigo de Valencia, ás ordes de Isabel e Fernando; e a Paula de Veliños, a pequena espelida sabedora dos mensaxes daqueles que escribían nas pedras (O Preguiceiro, A Chá, O Monte de Veliños) e a Saleta de San Pil descubridora dos petroglifos do Agro, do Barcal e de Cadeiras. Todos e tantísimos máis como as tres irmás que quedaron preñadas ao mesmo tempo por beber na fonte prohibida de Vilameá. Todos e todas pregoando a mistura das idades por estes camiños que volven ao lugar de partida ou se esparexen en cada punto en infindas posibilidades. Sempre está o cerne noso en cada paso. Iso é o que importa.
Aviso: Esa mesma noite hai un festival “As cores de outono” que organiza o concello da Pobra do Brollón punto (onde terá lugar o seguinte roteiro o día 23) cun concerto de Luar Na Lubre. Por si alguén está interesado en quedar a durmir na zona, ou para a xente que acuda ao roteiro do día seguinte en Pobra do Brollón.
info@rutasdehistoria.com