Data: 29 Xuño de 2024
Punto de encontro 27891 Cervo, Lugo – Ver no Mapa 9:30h
Lonxitude 8 km
Duración 4 horas, con paradas
Dificultade Media. Ao comezo hai un pouco de dificultade (subidas e baixadas). Despois xa é doado todo o camiño.
Prazas dispoñibles 40
Manuel Miranda : Divulgador e presidente de Mariña Patrimonio
A ruta comezará cun percorrido polo impresionante castro de Rueta. A continuación, seguiremos a camiñata dirixíndonos cara á desembocadura do río Xunco, na praia de Rueta. Seguiremos o sendeiro que vai á beira do río. Ao longo deste tramo, iremos vendo un considerable número de muíños que noutras épocas aproveitaron a forza das augas do río Xunco.
Cando cheguemos a Cervo, podemos facer un breve alto para tomar un refrixeiro nalgún dos bares que atoparemos no camiño.
Despois retomaremos a andaina, seguindo á beira do río ata chegar ás impresionantes ruínas do monumental muíño do Pernán. Pasado este, comezaremos a ver as ruínas e os vestixios das antigas fábricas de louza e de fundición de Sargadelos.
Finalmente, remataremos a ruta cun percorrido polo antigo complexo industrial de Sargadelos.
Elixa unha das seguintes opcións de inscrición.
Sen xantar ou con xantar incluído. Pode reservar a praza no roteiro e reservar máis adiante o xantar de xeito individual. Prazo máximo pra reservar ata o martes da semana na que se realiza o roteito. Non nos responsabilizamos da dispoñibilidade de prazas para xantar para as persoas que só se apunten inicialmente ao roteiro pero logo decidan acudir a xantar. Non se garante a devolución do importe do xantar unha vez pasado o prazo de reserva, pero esa persoa é libre de vender esa praza a outra persoa interesada.
Non existe lista de espera nin reserva de prazas. As prazas dispoñibles por baixas previas daranse a coñecer no grupo de WhatsApp de Rutas de Historia, podes acceder libremente AQUI