Data 5 novembro de 2023
Punto de encontro Mosteiro de San Paio de Abeleda ás 10:00 h Como chegar
Lonxitude 6km
Duración 4 horas
Dificultade baixa
Guía Carme Varela, autora teatral, divulgadora e secretaria da asociación O Sorriso de Daniel
Percorreremos o Couto do mosteiro de San Paio de Abeleda aproveitando as historias que deste magnífico cenobio nos deixaron Vicente Risco e de fray Martín Sarmiento.
Visitaremos as ruínas do mosteiro, as adegas vellas, o Pazo do Couto, as construcións auxiliares que a familia de Risco gobernou, a ponte pola que Sarmiento entrou ao Couto na súa visita. Un percorrido entre viñedos que se adentra tamén nos soutos e nas carballeiras, que nos levará ás fervenzas de Cachón.
Coñeceremos un dos vales máis fermosos da xeografía da ribeira sacra nas pegadas de dous dos escritores máis salientables que a visitaron.
XANTAR – Casa Lelo
Menú: Empanada e pulpo / lacón asado, carne ao caldeiro ou terneira asada/ mencía da casa, auga, gaseosa/ bica/ café
Prezo 20 euros