Data: 12 Outubro de 2024
Punto de encontro Aldea Mosquete, 15937, A Coruña – Ver en Google Maps
Hora 9:30h
Lonxitude 10 km
Duración 4,5 horas aprox.
Dificultade ALTA
Prazas dispoñibles 0
Guía Manuel Gago, divulgador, profesor universitario, director de Cultura Galega
Este roteiro prantexa un itinerario pouco habitual no Barbanza, adentrándose no que era coñecido polos aldeáns de Montaña e Montañó como as Terras da Loba Branca, o mítico berce dos celtas praestamaricos, nunha zona aillada das pistas e dos eólicos. Mámoas, fortificacións, camiños, pequenas aldeas, petróglifos, antigas minas percorrense neste roteiro. As antigas minas do Ouro dos Mouros, a fortificación inédita do Outeiro Murado, o petróglifo do Outeiro dos Corvos, a Arca do Barbanza, o Outeiro Redondo ou o Castelo de Vitres e a súa calzada son algúns dos puntos deste itinerario.
Elixa unha das seguintes opcións de inscrición.
Sen xantar ou con xantar incluído. Pode reservar a praza no roteiro e reservar máis adiante o xantar de xeito individual. Prazo máximo pra reservar ata o martes da semana na que se realiza o roteiro. Non nos responsabilizamos da dispoñibilidade de prazas para xantar para as persoas que só se apunten inicialmente ao roteiro pero logo decidan acudir a xantar. Non se garante a devolución do importe do xantar unha vez pasado o prazo de reserva, pero esa persoa é libre de vender esa praza a outra persoa interesada.
Tipo de reserva | Prezo | Cant. | Carriño |
---|---|---|---|
Roteiro Barbanza | 5€ | As entradas están esgotadas. | |
Roteiro Barbanza + Xantar | 25€ | As entradas están esgotadas. |
Non existe lista de espera nin reserva de prazas. As prazas dispoñibles por baixas previas daranse a coñecer no grupo de WhatsApp de Rutas de Historia, podes acceder libremente AQUI