Data: 21 Setembro de 2024
Punto de encontro Aparcadorio amplo en Santa Mariña Ver en Google Maps
Hora 10:30h
Lonxitude 2,7 km
Duración 3,5 horas aprox.
Dificultade baixa
Prazas dispoñibles 0
Guía Manuel Gallego Alves, Historiador e socio fundador de Xeitura: xestión Patrimonio Cultural S.Coop.
A historia da parroquia de Santa Mariña de Augas Santas nace dunha lenda, a de Santa Mariña, que aos seus 15 anos desafiou ao gobernador romano Olibrio ao rexeitalo como pretendente. Sentíndose agraviado, someteuna a todo tipo de torturas, das que a rapariga sempre saía indemne. Decidiu queimala nun forno, pero ela logrou escapar e finalmente foi decapitada no ano 138. A súa cabeza rebotou tres veces no chan e deses tres lugares manaron fontes con propiedades curativas. Onde se enterrou a cabeza de Mariña construíuse máis tarde un santuario: o de Santa Mariña de Augas Santas. Hoxe, toda a parroquia é un mundo oculto dentro dunha cidade esquecida no tempo.
Achegámonos a historia deste Conxunto Histórico Artístico a través da visita aos manancias de auga, o carballo e a Casa Rectoral do Bispo. Non podemos deixar de admirar a preciosa igrexa exemplo magnífico do Románico Rural Galego. Merece especial atención a súa tripla cabeceira, abondosa decoración nos seus canzorros e espectaculares rosetóns do momento gótico. No interior o Camarín da Santa invítanos a coñecer a súa historia, os rituais asociados e algunhas peculiaridades do templo como os únicos capiteis con historia agochados na tribuna ou a súa falsa galería ou triforio con tan só dous exemplos máis en Galicia. Trala visita a igrexa emprendemos o “Camiño dos Pendóns” igual que fai a procesión no día da Ascensión. Nunha preciosa zona de bosque autóctono galego polo que transcorre o Camiño de Santiago descubrimos os restos dunha cidade galaico-romana soterrada xunto co resto do conxunto asociado a lenda de Santa Mariña Mártir como o Forno da Santa, o Asento, as Pioucas, o Carballo, e a Peneda da Moura a través de pequenas paradas interpretativas que nos permiten observar a gran potencialidade temporal, a incalculable riqueza Patrimonial e as lendas e ritos asociados a ela que convirten a Santa Mariña de Augas Santas nun lugar único a nivel nacional.
Elixa unha das seguintes opcións de inscrición.
Sen xantar ou con xantar incluído. Pode reservar a praza no roteiro e reservar máis adiante o xantar de xeito individual. Prazo máximo pra reservar ata o martes da semana na que se realiza o roteito. Non nos responsabilizamos da dispoñibilidade de prazas para xantar para as persoas que só se apunten inicialmente ao roteiro pero logo decidan acudir a xantar. Non se garante a devolución do importe do xantar unha vez pasado o prazo de reserva, pero esa persoa é libre de vender esa praza a outra persoa interesada.
Tipo de reserva | Prezo | Cant. | Carriño |
---|---|---|---|
Roteiro Allariz | 5€ | As entradas están esgotadas. | |
Roteiro Allariz + Xantar | 23€ | As entradas están esgotadas. |
Non existe lista de espera nin reserva de prazas. As prazas dispoñibles por baixas previas daranse a coñecer no grupo de WhatsApp de Rutas de Historia, podes acceder libremente AQUI