Data 23 setembro de 2023
Punto de encontro Praza Maior de Celanova, ás 10 horas – Ver no mapa
(Os interesados nunha sorpresa que Rutas de Historia ten prevista para a mañá dese día teñen que estar ás 07.30 horas diante do mosteiro de Celanova)
Lonxitude 7km
Duración 4 horas
Dificultade media
Guía Antonio Piñeiro: Xestor cultural no Concello de Celanova, escritor, divulgador, director da revista Auria e columnista de La Región
Este roteiro trata de coñecer o longo recorrido co que conta a historia de Celanova e cómo as sucesivas pegadas patrimoniais que esta deixou sobre o espacio, constitúen unha máis que fiel extrapolación da propia historia de Galicia.
Tamén descubriremos como a paisaxe das terras de Celanova influiu na obra literaria Curros Enríquez, Castor Elices, Celso Emilio Ferreiro, Pepe Velo ou Méndez Ferrín e adentraremonos nalgunhas lendas que se conservan no entorno, tales como a da Virxe do Cristal, a cidade perdida Cachiquimbra ou a pedra de San Rosendo, interpretándoas como singulares lecturas da historia por parte da sociedade que a protagonizou.
O roteiro parte do centro de Celanova e pasa por Castromaoe Vilanova, pasando polas casas de Curros e Celso Emilio.
XANTAR EN CELANOVA Mesón Vieira
Menú: variado de primeiro (croquetas, ensaladilla, calamares, lacón…) / carne (carne asada ou carrilleiras) e peixe (pescada) que se porá en bandexas na mesa / viño da casa e auga/ variado de postres caseiros e café. Prezo 18 euros