Data: 15 Xuño de 2024
Punto de encontro Aparcadoiro público do Faro de Estaca de Bares 10:30h
Lonxitude 7 km
Duración 4 horas, con paradas
Dificultade media
Prazas dispoñibles 0
Guía: Antonio Sandoval Rey, escritor, divulgador e ornitólogo
Este paseo levaranos a coñecer un dos puntos xeográficos máis fermosos de Galicia e un enclave ornitolóxico único en Europa. Entre os meses de agosto e novembro chéganse a contabilizar algúns anos máis de 100.000 exemplares de aves. Na zona tamén están as ruínas dunha base dos Gardacostas dos Estados Unidos que se instalaron alí a comezos dos anos 60 e marcharon no 1991. O roteiro levaranos pola contorna do cabo de Estaca de Bares, visitando o faro, as ruínas da antiga base militar norteamericana, o observatorio de aves e os muíños próximos e o Semáforo de Bares. Gozaremos das vistas desde o propio Semáforo de Bares e o chamado Banco de Bares. Xa pola tarde, e para os que queiran, realizaremos unha sesión de avistamento de aves.
XANTAR