Data: 9 Novembro de 2024
Punto de encontro Adro da igrexa de Diomondi – Ver en Google Maps
Hora 9:00h
Lonxitude 9 km
Duración 5 horas aprox.
Dificultade media
Prazas dispoñibles 0
Guías Sonia García (INCIPIT, CSIC) a última arqueóloga que escavou en Diomondi e Xurxo Ayán: E Xurxo Ayán (NOVA de Lisboa), deconstrutor da Ribeira Sacra.
Este roteiro visitará o berce de San Paio, na igrexa-pazo de Diomondi, onde o bispo Odoario foi testemuña no século VIII da invasión árabe e logo da reconquista do territorio lucense polo rei Afonso I. Percorreremos un dos tramos máis singulares do Camiño de Inverno no sur lucense: a ruta dos Cóbados de Belesar, orixinalmente un tramo dunha vía romana secundaria entre Braga e Astorga, que data de entre os séculos I e IV. Visitaremos o berce do románico galego da Ribeira Sacra entre a igrexa románica de Diomondi, que a longo da súa complexa historia foi residencia de verán dos bispos de Lugo, e o fermoso mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Miño. Tamén coñeceremos o que antigos escritores nos deixaron escrito desta terra sacra.
Unha viaxe á orixe da Ribeira Sacra. Un bispo norteafricano algo mintireiro. Os mortiños do século X baixo o cuarto dun albergue de pelegríns. Unha aldea abandonada. Un indiano de Diomondi en Manhattan. Dúas igrexas monumentais que ficaron se rematar. Un pazo que gorentaba Carmen Polo. A agochada influencia do Uruguai. A paisaxe románica do electrofascismo. Santo Estevo de Ribas de Miño. Percorrido.
- Igrexa e pazo episcopal de San Paio de Diomondi.
- Igrexa inacabada de Santa María do Camiño. E escola franquista. Montecelo.
- Aldea abandonada de Bexán.
- Pazo das Cortes.
- Igrexa románica inacabada de San Pedro de Cela.
- Igrexa de Santo Estevo
Elixa unha das seguintes opcións de inscrición.
Sen xantar ou con xantar incluído. Pode reservar a praza no roteiro e reservar máis adiante o xantar de xeito individual. Prazo máximo pra reservar ata o martes da semana na que se realiza o roteiro. Non nos responsabilizamos da dispoñibilidade de prazas para xantar para as persoas que só se apunten inicialmente ao roteiro pero logo decidan acudir a xantar. Non se garante a devolución do importe do xantar unha vez pasado o prazo de reserva, pero esa persoa é libre de vender esa praza a outra persoa interesada.
Tipo de reserva | Prezo | Cant. | Carriño |
---|---|---|---|
Roteiro Diomondi | 5€ | As entradas están esgotadas. | |
Roteiro Diomondi + Xantar | 23€ | As entradas están esgotadas. |
Non existe lista de espera nin reserva de prazas. As prazas dispoñibles por baixas previas daranse a coñecer no grupo de WhatsApp de Rutas de Historia, podes acceder libremente AQUI