Data 4 novembro de 2023
Punto de encontro 10.00 horas Parrillada O Fogón
Lonxitude 6km
Duración 4 horas
Dificultade baixa
Guías: Xurxo Ayán, escritor e arqueólogo e Olga Novo, poeta.
Esta parroquia da terra de Lemos vén sendo dende 2016 un campo de experimentación de novas formas de arqueoloxía comunitaria. Desde diferentes instancias académicas e dende a asociación de veciños María Castaña estase a recuperar un inxente patrimonio arqueolóxico, moito de el inédito ata o momento e que xerou un notable impacto mediático.
Esta visita guiada abrangue a visita á Muradella: o primeiro cairn atlántico documentado en Galicia (2700-2600 a.n.e.), Ringwork de Vilarello: un espazo funerario ergueito na época de xurdimento do primeiros castros (X-IX a.n.e.) ou á aldea abandonada de Repil: onde tivo lugar un combate entre a Garda Civil e a 2ª Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia o 20 de abril de 1949,
Tamén se visitará a aldea abandonada de Lamas, desaparecida co gallo da gripe española, o Escourial: un excepcional espazo de explotación metalúrxica ao pé do camiño de Inverno, de época prerromana e, finalmente, o Castro de San Lourenzo, castro cristianizado no século X, cunha impresionante muralla, unha necrópole altomedieval e unha ermida baixomedieval.
Contaremos coa presenza da escritora e Premio Nacional de Poesía 2020, Olga Novo e daremos a coñecer pasaxes literarias de autores e autoras ligados a esta paisaxe: Uxío Novoneyra, Ánxel Fole, Manuel María…
XANTAR – Parrillada O Fogón
Menú: troita e calamares de primeiro e de segundo parrillada de churrasco. Inclúe viño, auga, refresco ou cervexa e café 20 euros