Data: 18 novembro de 2023
Punto de encontro Diante do Pazo de Meirás 10:30h
Lonxitude 5km
Duración 3 horas e media
Dificultade baixa
0
Guía: Eva Mejuto, xornalista e escritora
Este roteiro é unha homenaxe á memoria de Emilia Pardo Bazán e todo o que fixo e creou no Pazo de Meirás. Ela converteu a antiga granxa de Meirás, unha construción primitiva, nun pazo de altas torres señoriais como o vemos hoxe en día. Naquel momento a literata gozaba xa de certa fama e capacidade económica, polo que non dubidou en dotar de torres á súa vivenda de verán, e aloxar nunha delas a súa biblioteca -despacho. Dise que nesa biblioteca creou o mellor da súa literatura. Ese foco de cultura foi logo expropiado polo ditador Franco que fixo del a súa residencia de verán.
Entrada será pola porta principal, camiño ata o xardín que rodea a antiga casa de Emilia Pardo Bazán (hoxe dos caseiros) e acceso común ao pazo. Parada na escaleira, descrición do edificio coas referencias a todos os detalles da fachada previstos por Emilia Pardo Bazán e paseo polos redores, onde hai un cruceiro, fontes e diversos conxuntos escultóricos. Entrada ao pazo pola capela e acceso á entrada principal, visita na planta baixa á varias estancias, sala e biblioteca de Francisco Franco e, na primeira planta, o despacho de Francisco Franco”.
XANTAR – Restaurante El Puerto
Prato quente(callos, arroz, lentellas) / carne ou peixe / auga, viño da casa e gaseosa/ postre / café
Prezo 15 euros