Descrición
Un roteiro que percorre os lugares máis destacados da peza teatral AS DESTERRADAS de Carme Varela. Un percorrido que nos permite descubrir os feitos que se desenvolveron no mosteiro de San Salvador de Albeos a finais do século XV e comezo do XVI. Os espazos nos que viviron e dos que foron Señoras as monxas bieitas ata seren desposuídas do seu mosteiro. Os feitos históricos relacionados coa reforma dos mosteiros galegos que fixo desaparecer ata 15 mosteiros femininos en toda Galicia para a agrupar a todas as monxas no mosteiro compostelán de San Paio de Antealtares.